VAR!

Créditos: E. HubbleNASAESA, R. Gendler, Z. Levay and the Hubble Heritage Team

Explicación: nos anos 20 (N.T.: do século pasado), revisando placas fotográficas provenientes do telescopio de 100 polgadas (254 cm) Observatorio de Monte WilsonEdwin Hubble determinou a distancia deica a Nebulosa de Andrómeda, demostrando de xeito decisivo a existencia doutras galaxias máis aló da Vía Láctea. As súas anotacións son evidentes na imaxe na histócia placa do cadro inserido na parte inferior dereita, amosado en contexto coas fotografías de telescopios terrestres e do Telescopio Espacial Hubble da zona feitas aproximadamente 90 anos máis tarde. Pola comparación entre placas diferentes, Hubble pescudou novas, estrelas que experimentaron un súpeto incremento no seu brillo. Atopou na placa e marcounas cun “N”. Máis tarde, o descubrimento da que está predo da esquina superior dereita (marcado con liñas) era realmente unha clase de Later, discovering that the one near the upper right corner (marked by lines) was actually a type of estrela variabla coñecida como unha cefeida, riscou o “N” e escribiu “VAR!”. Gracias ao traballo da astrónoma de Harvard Henrietta Leavitt, as cefeidas, estrelas pulsantes que varian con regularidade, puideron ser empregadas como candelas estándar ou indicadores de dictancia. A identificación de semellantes estrelas permitiu a Hubble amosar que Andrómeda non era un pequeno cúmulo de estrelas e gas no interior da nosa propia galaxia, senón unha gran galaxia de dereito propio e a unha distancia sustancias da Vía Láctea. O descubrimento de Hubble é responsable de establecer o noso concepto moderno dun Universo cheo de galaxias.

Texto orixinal no APOD.