Metal nas chairas de Marte

Créditos da imaxe: Mars Exploration Rover Mission, JPL, NASA

Explicación:  Que foi o que e rover Opportunity atopou en Marte? Mentres en 2005 atravesaban a ampla chaira baleira de Meridiani Planum, un dos robots rodantes enviados dende a Terra a Marte atopou unha sorpresa mentres visitaba a localización do seu propio escudo térmico de metal descartado o ano anterior durante o descenso. A sorpresa é a rocha visible na parte inferior esquerda, que resultou estar feita na súa maior parte de metales densos, en concreto ferro e níquel. O gran obxecto de forma cónica que hai detrás (e a peza que hai a dereita) son anacos do escudo térmico do Opportunity. Son tamén visibles os restos mais pequenos do escudo. Os científicos descartan que a “Rocha do escudo térmico”, do tamaño dunha pelota de baloncesto, sexa orixinaria de Marte, senon que semella ser un vello meteorito metálico. Visto dende aquí, atopar un meteorito na gran chaira poeirenta de Marte podería ser considerado semellante ao achado dos meteoritos atopados nas Terra nas grandes chairas xeadas da Antártida. O achado levanta especulacións sobre a abundancia xeral en Marte de rochas que caíron no planeta procedentes do espazo exterior.

Texto orixinal no APOD.