Fábrica de estrellas Messier 17


Créditos: ESOINAF-VSTOmegaCAM
Agradecimientos: OmegaCen/Astro-WISE/Kapteyn Institute

Explicación: a fábrica de estrelas denominada Messier 17, esculpida por ventos e radiación estelares, atópase a unos 5.500 anos luz de distancia na constelación, abondosa de nebulosas, Saxitario. A esa distancia, esta imaxe de amplo campo abarca case 100 anos luz, cortesía do novo Telescopio de Sondaxes VLT e a OmegaCAM do Observatorio Europeo Meridional (ESO). A imaxe ben definida e en cor simulada inclúe tanto datos visuais coma infravermellos, seguindo os detalles tenues do gas da zona e as nubes de po contra un pano de fondo de estrelas da Vía Láctea central. Os ventos estelares e a potente radiación das estrelas masivas e quentes formadas a partires das reservas de gas cósmico e po de M17 esculpiron lentamente os refugallos de material interestelar producindo formas de aparencia cavernosa e ondulanteM17 é tamén coñecida como a Nebulosa Omega ou a Nebulosa do Cisne.

Texto orixinal no APOD.