Abell 2744: Cúmulo de Galaxias de Pandora


Créditos da imaxe: NASAESA, J. Merten (ITAAOB) e D. Coe (STScI)

Explicación: por que este cúmulo de galaxias está tan enleado? Lonxe de ser unha distribución tranquila, Abell 2744 non ten só nós de galaxias, senón que o gas quente (coloreado de vermello) que emite raios-X do cúmulo parece distribuírse de diferente xeito que a materia escura. A materia escura, que acapara o 75 por cento da masa do cúmulo e está coloreada en azul na imaxe superior, deducíase pola necesidade de xustificar a distorsión das galaxias de segundo plano debida ao efecto de lente gravitacional. O barullo parece resultar da colisión en movemento lento de polo menos catro dos cúmulos galácticos máis pequenos durante os anteriores miles de millóns de anos. A imaxe superior combina fotografías en visual do Telescopio Espacial Hubble e o Telescopio Moi Grande con imaxes en raios-X do Observatorio de Raios-X ChandraAbell 2744, alcumado cúmulo de Pandora, abarca uns dous millóns de anos luz e pode verse mellor cun telescopio realmente grande cara a constelación de Sculptor (o escultor).