Po estelar e Betelgeuse


ESO, Pierre Kervella (LESIA, Observatoire de Paris), et al.

Explicación: obsérvase unha nebulosa de po en expansión rodeando á estrela superxigante vermella Betelgeuse nesta extraordinaria composición de alta resolución, unha imaxe do VLT en infravermellos desde o ESO, o Observatorio Meridional Europeo. A propia Betelgeuse está perfilada polo pequeno círculo central vermello. Se estivera no noso propio sistema solar o seu diámetro abarcaría case a órbita de Xúpiter. Pero a envoltura máis grande de po circumestelar esténdese a uns 60 mil millóns de quilómetros no espazo, equivalente a unhas 400 veces a distancia Terra-Sol. O máis probable é que o po se forme mentres a atmósfera inchada da superxigante verte material ao espazo, unha fase final da evolución dunha estrela masiva. Mesturado co medio interstelar, o po podería formar, en última instancia, planetas terrestres rochosos como a Terra. A porción brillante central da parte exterior da imaxe foi enmascarada para desvelar extensas estruturas más tenues. O campo de visión ten 5,63 segundos de arco de diámetro.

Texto orixinal no APOD.