Po e estrelas cruzando Corona Australis


Créditos e Copyright: Leonardo Julio (Astronomía Pampeana)

Explicación: Nubes de po cósmico en expansión cruzan o rico campo de estrelas nesta ampla vista telescópica preto do límite norte da Corona Australis, tamén coñecida como Corona Austrina. Probablemente a menos de 500 anos luz e tapando a luz de xeito efectivo dende mais distancia, e coas estrelas da Vía Láctea como fondo, a parte mais mesta das nubes de po ten preto de 8 anos luz. Nesta inversión (superior dereita) hai un fermoso grupo de nebulosas de reflexión catalogadas como NGC 6726, 6727, 6729, e IC 4812. A cor azul característica prodúcese pola luz das estrelas quentes reflexadas no po cósmico. A pequena nebulosa amarelenta (NGC 6729) rodea á xove estrela variable R Coronae Australis. O magnífico cúmulo globular estelar NGC 6723 está na esquina superior dereita da vista. Menetres NGC 6723 semella ser parte do grupo, en realidade atópase cerca de 30.000 anos luz de distancia, moito máis alá das nubes de po da Corona Australis.

Texto orixinal no APOD.