Eclipse sobre a Acrópole

Image Credit & Copyright: Elias Politis

Explanation: A duración total da eclipse do 15 de xuño foi duns impresionantes 100 minutos. O fenómeno completo foi rexistrado nesta composición a partir da secuencia regular tomada por unha cámara dixital, que seguiu o escuro disco lunar describindo un arco sobre a Acrópole de Atenas, en Grecia. De feito, ao redor do 270 despois de Cristo o astrónomo grego Aristarco fixo o seguemento da duración dos eclipses lunares sen axuda de reloxos dixitais e cámaras. A pesar diso, empregando a xeometría, argallou unha maneira simple e precisa de calcular a distancia á Lúa, en función do radio do planeta Terra e partindo da duración da eclipse. Un astrónomo grego máis moderno, Elias Politis, titulou este estudo da duración da eclipse, xunto co vídeo en time-lapse que o acompaña, como “Acropoclipse”.

Texto orixinal no APOD.