O Gran Carro

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e Copyright: Rogelio Bernal Andreo

Explicación: o asterismo mellor coñecido dos ceos septentrionais, O Gran Carro é doado de recoñecer, aínda que algúns poidan ver O Arado. De tódolos xeitos, os nomes das estrelas e os familiares contornos aparecerán neste considerable mosaico composto por 24 fotogramas cando o cursor esvara sobre a imaxe. Dubhe, a estrela alfa da constelación matriz do carro, a Osa Maior, está no extremos superior dereita. Xunto coa estrela beta Merak inferior, forman as dúas unha liña que apunta o camiño deica Polaris e o Polo Norte Celeste fóra do límite superior do campo. Tamén notable na tradición dos observadores celestes Mizar, a segunda estrela desde a esquerda no mango do carro, forma unha estrela dobre visual como proba de visión coa aparentemente achegada Alcor. Tamén identificada no famoso campo estelar hai obxectos do catálogo Messier. Descarga a imaxe de alta resolución para a busca de imaxes exquisitas dalgunhas das afastadas galaxias espirais de Messier e un moucho máis local.

Texto orixinal no APOD.