Luar eclipsado

Créditos da imaxe e Copyright: Javier Algarra

Explicación: un preludio celeste ao solsticio de hoxe, a eclipse luar total do 15 de xuño foi un dos máis longos dos anos pasados. Tamén foi un dos máis escuros, pero non de todo. Incluso durante a totalidade, un disco luar vermello, sombrío, podía verse no ceo nocturno estrelado, reflectindo a luz arroxada que cae na súa superficie. Ollada desde unha perspectiva luar, a iluminación vermella provén de tódolos solpores e menceres ao redor dos bordos dunha Terra perfilada. Neste claro retrato da Lúa eclipsada desde Granada (España), o limbo da Lúa reflicte unha tintura azulada mentres emerxe da sombra umbral da Terra. A luz máis azul aínda se filtra ao través da atmósfera terrestre, pero orixínase nos raios do Sol que pasan ao través das capas altas da estratosfera superior. Esa luz é coloreada polo ozono que absorbe a luz vermella e transmite os tons máis azuis.

Texto orixinal no APOD.