Derradeiro despegue dunha lanzadeira espacial da NASA

Créditos e Copyright: Ben Cooper (Launch Photography), NASA

Explicación: no movemento final desta clase, o transbordador espacial  Atlantis da NASA foi fotografado a semana pasada avanzando lentamente cara a Plataforma de Despegue 39A, onde está programado actualmente para un lanzamento en xullo cara a Estación Espacial Internacional. A misión, denominada STS-135, é a número 135 e derradeira misión dun transbordador espacial da NASA. O Atlantis e a súa tripulación de catro persoas transportarán, entre outras cousas, o Módulo de Loxística Multi-Propósito Raffaello para traer compoñentes clave e suministros á ISS. Na fotografía superior, o gran Transportador Reptante da Lanzadeira move o potente orbitador ao pola longa estrada de cinco quilómetros a menos de dous quilómetros por hora. Brillantes reflectores de xenon alumean o cohete xigante mentres a xente corre ao redor para axudar no posible. Uns 15.000 espectadores, algúns visibles á dereita, estiveron ao carón do histórico despegue.

Texto orixinal no APOD.