O regolito do asteroide Eros


Créditos: NEAR ProjectJHU APLNASA

Explicación: Dende unha altura de cincuenta kilómetors sobre o asteroide Eros, a superficie do interior dun dos seus maiores cráteres está cuberta por un material inusual: regolito. O espesor e a composición do regolito do po da superficie continúa sendo tema de moitas investigacións. A maior parte do regolito de 433 Eros foi creado probablemente por numerosos pequenos impactos ao longo da súa dilatada historia. Nesta vista feita a partires de cores representativos tomada pola sonda robótica NEAR-SHOEMAKER que orbitou Eros en 2000 a 2001, as áreas marróns indican o regolito que foi químicamente alterado pola súa exposición ao vento solar durante os impactos de micrometeoritos. Pénsase que as áreas brancas son as que tiveron unha exposición relativamente menor. A cor marrón das rochas visibles no interior do cráter indican que son vellas dabondo como para constituir por si mesmas parte da superficie curtida polo vento solar, ou que dalgún xeito remataron por ser cubertas polo po da escura superficie.

Texto orixinal no APOD.