Eclipse lóstrego desde o Planeta das Cabras

Créditos e Copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)

Explicación: as tormentas eléctricas case botan a perder esta imaxe da espectacular eclipse lunar total do 15 de xuño. En vez diso, as nubes de tormenta abríronse 10 minutos durante a fase total da eclipse e os lóstregos contribuíron a esta espectacular imaxe celeste. Gravada con 30 segundos de exposición, a escena tamén inspirou ao que o editor considera que pode ser o mellor título nunca antes dado a unha imaxe nos 16 anos de historia da Astronomy Picture of the Day (N.T.: Fotografía Astronómica do Día). (Crédito do título de Chris K.) Naturalmente, a referencia aos lóstregos teñen claramente o seu sentido e o xogo de sombras da escura eclipse lunar foi ollado amplamente por todo o planeta Terra en Europa, África, Asia e Australia. A propia imaxe, porén, foi tomada desde a illa grega Ikaria en Pezi. A zona é coñecida coma “o planeta das cabras” polo agreste do terreo e o estraño aspecto das rochas.