Lúa eclipsada na Vía Láctea

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e Copyright: Babak Tafreshi (TWAN)

Explicación: o 15 de xuño, a Lúa totalmente eclipsada era moi escura, coa propia Lúa ubicada no ceo cara o centro na nosa Galaxia Vía Láctea. Esta panorámica simple capta a totalidade desde o norte de Irán en 8 exposicións consecutivas con 40 segundos de duración cada unha. Na evocadora escena, a escuridade da Lúa eclipsada compite co feble brillo da Vía Láctea. O tentador disco lunar vermello atópase xusto por riba da cunca da escura Nebulosa da Pipa, á dereita das nebulosas brillantes da Lagoa e a Trífida e as nubes de po da Vía Láctea central. No extremo dereito, o campo amplo está ancorado pola amarela Antares e as nubes coloridas de Rho Ophiuchi. Para identificar outras visións da Vía Láctea central só tes que esvarar o teu cursor sobre a imaxe. A fase total desta primeira eclipse lunar de 2011 durou uns impresionantes 100 minutos. Partes da eclipse foron visibles desde a maioría do planeta Terra, con excepcións significativas da América do Norte e Central.

Texto orixinal no APOD.