O universo próximo


Créditos: 2MASST. H. Jarrett, J. Carpenter, e R. Hurt

Explicación: Que apariencia ten o universo máis preto de nós? Esta gráfica mostra as case 50.000 galaxias do universo próximo detectado en luz infravermella polo Two Micron All Sky Survey (2MASS, Inspección do ceo completo en dous micrómetros ). A imaxe resultante é un incrible tapiz de galaxias que proporciona límites sobre como se formou e evolucionou o universo . A franxa escura que cruza o centro da imaxe atópase obstruída polo pó no plano da nosa Galaxia Vía Láctea. Mais alá do plano cada punto representa unha galaxia, coas cores codificadas para indicar a distancia. Os puntos máis azuis representan as galaxias máis próximas inspeccionadas polo 2MASS, mentres que as máis vermellas indican un maior afastamento das galaxias, que rexistran un corremento ao vermello cercano a 0,1. Nos bordos pódense ver os nomes que se lles puxo a algunhas estruturas. Moitas galaxias están gravitacionalmente ligadas entre elas, formando cúmulos galácticos, que a súa vez están feblemente ligados en forma de supercúmulos galácticos, e que a súa vez vense aliñadas en estruturas de escalas aínda maiores.

Texto orixinal no APOD.