Vistas de Saturno dende a sonda Cassini


Créditos: Imaxes: Cassini Imaging TeamISSJPLESANASA; Compilación de vídeo: Chris Abbas;
Créditos da música e Licenza: Ghosts I-IV (Nine Inch Nails)

Explicación: Que é o que viu a sonda Cassini dende a súa chegada a Saturno? O vídeo musical de enriba mostra algunhas das imaxes máis destacadas. Na primeira secuencia do time-lapse (00:07) óllase unha liña vertical, que en realidade é o conxunto dos delgados aneis de Saturno, visto case de canto. Xusto despois pasan repentinamente algunhas das lúas de Saturno. A seguinte secuencia (00:11) mostra o inusual anel F, que se atopa apertado por dous satélites pastor, que continuamente o pertuban. Pouco despois móstranse flashes do gran sistema de aneis, superpostos ás veces ao esplendor do inmenso planeta. Destácanse logo patróns nubosos de Titán (00:39) e Saturno (00:41). Míranse logo secuencias de sobrevoo de algunhas lúas de Saturno, incluíndose FebeMimasEpimeteo, e Iapeto. Noutras secuencias, as lúas de Saturno semellan sobrepasarse unhas ás otras, tal e como orbitan arredor do planeta. O fondo estrelado visto pola sonda Cassini é moitas veces invadido polas brillantes lúas de paso. A nave robotizada Cassini leva revolucionando o coñecemento da humanidade sobre Saturno e as súa lúas dende o ano 2004.

Texto orixinal no APOD