M64: A galaxia da bela durminte

Créditos: NASA a o Hubble Heritage Team (AURA/STScI), S. Smartt (IoA) e D. Richstone (U. Michiganet al.

Explicación: A galaxia do Ollo Negro, tamén coñecida como da Bela Durminte, pode parecer pacífica a primeira vista, pero realmente atópase virando e rotando. Como nunha reviravolta inesperada, observacións recentes mostraron que o gas das rexións exteriores da fotoxénica espiral está movéndose en dirección contraria a todas as estrelas! As colisións entre o gas das rexións internas e externas están creando moitas estrelas quentes azuis e nebulosas de emisión rosas. A imaxe superior foi tomada polo Telescopio Espacial Hubble en 2001 e editada en 2004. Pénsase que os fascinantes movementos internos da  M64, tamén catalogada como NGC 4826 son o resultado dunha colisión entre unha galaxia pequena e outra grande cuxa mistura aínda non se estabilizou.

Texto orixinal no APOD