Supernovas no remuíño


Créditos da imaxe e Copyright: R Jay Gabany

Explicación: onde manteñen as galaxias espirais as súas supernovas? Preto das súas rexións de formación de estrelas masivas, por suposto, e esas zonas tenten a atoparse ao longo dos brazos espirais azuis envolventes. Debido a que as estrelas masivas son de vida moi curta, non teñen a oportunidade de vagar lonxe do seu lugar de nacemento. De forma abraiante, nos últimos 6 anos dúas supernovas de tipo II, que representan as explosións mortais de estrelas masivas, foron detectadas na espiral cercana M51. Xunto cunha terceira supernova vista en 1994, que chega a ser unha fartura de supernovas para unha soa galaxia. Tal e como se demostra nestas imaxes comparadas, SN2005cs, a supernova descuberta en 2005 e, máis recentemente SN2011dh, a supernova excepcionalmente brillante captada por primeira vez o mes pasado, ámbalas dúas se ubican nos grandes brazos espirais de M51. Quizais a orixinal nebulosa espiral, M51 tamén é coñecida como a Galaxia Remuíño.