O Sol desatado

NASAGoddardSDO AIA Team

Explicación: o 7 de xuño, o Sol ceibou só unha labarada solar de tamaño medio mentres a rotación transportaba rexións activas de manchas solares cara o limbo solar. Pero a labarada por seguida por un incrible chorro de plasma magnético que se ve entrando en erupción no borde do Sol nesta fotografía en ultravioleta lonxano desde o Observatorio de Dinámica Solar (Solar Dynamics Observatory)Películas espectaculares do evento siguen o plasma, máis escuro e frío, durante un periodo de horas mentres cae en forma de chuvia por unha estensa área da superficie do Sol, formando arcos ao longo das liñas de campo magnético, outrora invisibles. Unha exección de masa coronal asociada, unha nube masiva de partículas de alta enerxía, foi disparada na dirección xeral da Terra e pode ter tdesencadeado xa a actividade auroral despois de golpear de esguello a magnetosfera da Terra.