A Gran Nebulosa Carina


Créditos da Imaxe e Copyright: Robert Gendler (procesado), Ryan Hannahoe (adquisición)
Datos adicionais do telescopio danés de 1,5 m do ESO en La Silla, Chile (R.Gendler, J.-E.Ovaldsen, C.Thöne, C.Feron).

Explicación: unha xoia do ceo meridional, a Gran Nebulosa Carina, tamén coñecida como NGC 3372, abarca uns 300 anos luz, unha das rexións de formación estela meirandes da nosa galaxia. Como a máis pequena e setentrional, a Gran Nebulosa de Orión, a Nebulosa Carina pode verse facilmente co ollo nu, aínda que a unha distancia de 7.500 anos luz está unhas 5 veces máis lonxe. Este magnífico retrato telescópico desvela detalles sorprendentes dos filamentos brillantes da zona de gas interestelar e nubes de po cósmico escuro. Máis ancha que a Lúa Chea en tamaño angular, o campo de visión esténdese case 100 anos luz ao través da nebulosa. A Nebulosa Carina alberga estrela enormemente masivas e mozas, incluíndo a aínda enigmática variable Eta Carinae, unha estrela con moito máis de 100 veces a masa do Sol. Eta Carinae é a estrela máis brillante á esquerda, preto da poeirenta Nebulosa da Pechadura (NGC 3324). Mentres a propia Eta Carinae pode que estea a piques dunha explosión de supernova, as imaxes de raios X sinalan que a Gran Nebulosa Carina foi unha auténtica fábrica de supernovas.

Texto orixinal no APOD.