Transbordador e Estación Espacial fotografados xuntos


Créditos: NASA

Explicación: Como se tirou a fotografía? Normalmente, as imaxes do transbordador, realizadas desde o espazo, son tomadas desde a estación espacial. Habitualmente, as imaxes da estación espacial son realizadas desde o transbordador. Entón, como pode haber unha fotografía de ámbolos dous, o transbordador e a estación, xuntiños, realizada desde o espazo? A resposta é que durante a última viaxe do Transbordador Espacial Endeavour ata a Estación Espacial Internacional hai dúas semanas, unha nave de suministros saiu da estación con astronautas que captaron unha serie de imaxes estrañas. A nave de carga era a Soyuz TMA-20 rusa, que aterrou en Casaquistán máis tarde no mesmo día. A espectacular imaxe superior recolle ben os tamaños relativos da estación e o transbordador atracado. Máis lonxe, por debaixo, pódense ver as nubes da Terra por riba dun mar azul. O próximo e derradeiro lanzamento dun transbordador espacial estadounidense está programado para primeiros de xullo.

Texto orixinal no APOD.