Outra supernova preto, na Galaxia do Remuíño


Créditos e Copyright: Stephane Lamotte Bailey, Marc Deldem e Jean-Luc Dauvergne

Explicación: unha das supernovas máis brillantes dos últimos anos acaba de ser captada en cercana galaxia do Remuíño (M51). Sorprendentemente, ao parecer unha supernova semellante foi recollida en M51 durante 2005, que seguía a outra que aconteceu en 1994. Tres supernovas en 17 anos é unha morea para unha soa galaxia e, as razón para que a supernova xurda en M51, estanse a debater. Na fotografía de arriba hai dúas imaxes de M51 realizadas cun pequeno telescopio: unha tomada o 30 de maio que non amosa a supernova e, outra, realizada o 2 de xuño na que si aparece. A imaxe do 2 de xuño é unha das primeiras anunciada que contén a supernova. As fotografías escintilan para amosar a ubicación da estrela explosionada. Aínda que a maior parte das supernovas seguen patróns de brillo clásicos, o brillo preciso e o patrón de debilitamento deste ou calquera outra supernova é difícil de predicir por adiantado e permite dicir aos astrónomos moito do que está a acontecer. Actualmente, a supernova de M, denominada SN 2011dh, aínda brilla o suficiente para seguila cun telescopio pequeno. Polo tando, alentamos aos entusiastas do ceo para fotografar da galaxia Remuíño tan a miúdo como sexa posible para encher os saltos temporais que quedan polas observacións intermitentes realizadas polos telescopios máis potentes de todo o mundo. Imaxes do desenvolvemento da supernova se están a subir aquí.

Texto orixinal no APOD