Apoteose do mencer

Créditos da imaxe e Copyright: Luis Argerich

Explicación: Despois de máis dun mes, a fermosa aliñación dos catro planetas da alborada, detectables a simple vista, está chegando ao seu final. Mentres, o 31 de maio unha delicada lúa uniuse ao grupo ao longo do horizonte leste para unha apoteose celeste, presentada nesta escena da alborada dunha praia cerca de Buenos Aires, Arxentina. A foto, unha vista privilexiada da formación no hemisferio sur outonal, foi tomada preto de 30 minutos antes do mencer. Despregados ao longo do plano da eclíptica, vagan, de abaixo a arriba, Mercurio, Venus, Marte e Xúpiter . O brillo da lúa crecente está inmerso na colorida alborada á esquerda de Mercurio. Nos vindeiros menceres Marte e Xúpiter continuarán ascendendo, mentres Venus e Mercurio se afundirán no horizonte aproximándose ao Sol nacente.

Texto orixinal no APOD.