A rotación terrestre baixo os Telescopios Moi Grandes


Créditos: S. GuisardJ. F. SalgadoESOBulletpeople.comMúsica: Arcadia (Licenza: Kevin Macleod)

Explicación: por que a Terra se move no vídeo superior? A maioría dos vídeos en “cámara rápida” do ceo nocturno amosan as estrelas e o ceo movéndose por riba dunha Terra estática. Aquí, porén, os fotogramas foron rotados dixitalmente para que sexan as estrelas as que fiquen (aproximadamente) estáticas, movéndose a Terra move baixo elas. O vídeo amosa de xeito espectacular a rotación real da Terra, denominada movemento diurno, dun xeito conmovedor e claro, coma se a cámara estivera flotando ceibe no espazo. Os telescopios que aparecen no vídeo son os Telescopios Moi Grandes (VLT) de Chile, un conxunto de catro dos meirandes telescopios ópticos do mundo. Un observador perspicaz da película time lapse de arriba pode tamén percibir o uso de estrelas guía láserluz zodiacal, as Nubes de Magallanes GrandePequena, e satélites orbitais da Terra, reflectindo a luz solar, en rápido movemento. O vídeo orixinal, no que se basean as secuencias superiores, pode atoparse aquí.

Texto orixinal no APOD.

3 reflexións sobre “A rotación terrestre baixo os Telescopios Moi Grandes

  1. Que belleza es la Vía Láctea. Camino eterno ante los ojos humanos. Majestuosa obra rodeada de velos de nebulosas y cúmulos. Compuesta por estrellas y algo de vida. Parte de ella capturada en este video. Aunque prefiero el original. Es mas largo y da mas imágenes de un lugar, de un paraíso en la astronomía, Chile. Porque abren y cierran? Me imagino que es para enfriar el lugar y evitar ruido en las observaciones, ruido provocado por los propios instrumentos.

    Aun así la belleza de aquel camino es evocativa.

    ♫ Saludos ♪

  2. Aí ao redor dos segundos 56-57 é cando se aprecia claramente a luz zodiacal… para os máis despistados 😉

  3. O seguinte paso é obviar a postproducción dixital e facer a grabación con unha cámara que efectivamente se mova.

Os comentarios están pechados.