A rotación terrestre baixo os Telescopios Moi Grandes


Créditos: S. GuisardJ. F. SalgadoESOBulletpeople.comMúsica: Arcadia (Licenza: Kevin Macleod)

Explicación: por que a Terra se move no vídeo superior? A maioría dos vídeos en “cámara rápida” do ceo nocturno amosan as estrelas e o ceo movéndose por riba dunha Terra estática. Aquí, porén, os fotogramas foron rotados dixitalmente para que sexan as estrelas as que fiquen (aproximadamente) estáticas, movéndose a Terra move baixo elas. O vídeo amosa de xeito espectacular a rotación real da Terra, denominada movemento diurno, dun xeito conmovedor e claro, coma se a cámara estivera flotando ceibe no espazo. Os telescopios que aparecen no vídeo son os Telescopios Moi Grandes (VLT) de Chile, un conxunto de catro dos meirandes telescopios ópticos do mundo. Un observador perspicaz da película time lapse de arriba pode tamén percibir o uso de estrelas guía láserluz zodiacal, as Nubes de Magallanes GrandePequena, e satélites orbitais da Terra, reflectindo a luz solar, en rápido movemento. O vídeo orixinal, no que se basean as secuencias superiores, pode atoparse aquí.

Texto orixinal no APOD.