Maratón Messier

Explicación: nesta escena de acción, as luces vermellas de visión nocturna, os punteiros láser verdes, os trípodes e os telescopios en siluetas tenuesrodean aos intrépides observadores celestes que se embarcaron no décimo Maratón Messier anual iraní. Completar o maratón require ver tódolos 100 obxectos do catálogo de Charles Messier, astrónomo francés do século XVIII, nun glorioso percorrido  do solpor ao albor. Tan desalentador como soa, a miúdo hai datas favorables en fins de semana para os maratonianos do hemisferio norte, para completar a tarefa, que caen en noites case sen lúa, preto do equinoccio de primavera. Coa Vía Láctea como telón de fondo, este grupo duns 150 entusiastas da astronomía realizaron o seu maratón de 2011 en semellante noite de abril na área desértica de Seh Qaleh, no Irán oriental. Poñendo o teu cursor sobre a imaxe verás o mapa do sensacional ceo nocturno sobre o seu lugar de observación, moi remoto e escuro. Segue o punteiro láser verde deica os obxectos do catálogo Messier (por exemplo, M8), preto do centro galáctico. Astrónomo e, tamén, primeiro organizador dun Maratón Messier, Babak Tafreshi compuxo ademais Sky Gazers, unha película en time-lapse do evento deste ano.

Texto orixinal no APOD.