Unha viaxe ao través do ceo nocturno

Créditos da imaxe e Copyright: Nick Risinger (Photopic Sky Survey)

Explicación: nebulosas maxestuosas e estrelas da nosa Galaxia Vía Láctea esténdese ao través desta imaxe panorámica co ceo nocturno completo. A plena resolución, o mosaico de 5 pigapíxeles bordouse a partires dunhas 37.000 imaxes, o resultado dunha estación seguida, o longo esforzo dun ano e 96.000 quilómetros de viaxe na busca de ceos aínda escuros no oeste americano e o cabo occidental de Sudáfrica. O proxecto, ben planeado, combinou moitas exposicións desde lugares escuros, coa intención de crear unha vista inspiradora da noite para rivalizar co brillo do día. Unha viaxe interactiva ao través da escena descubrirá unha colección de innumerables estrelas con nubes vastas de gas e po esparexido ao longo do plano galáctico e o bulbo central, demasiado tenue para verse co ollo espido. Incluso galaxias de estrelas máis aló da nosa Vía Láctea poden atoparse na vista cósmica.

Texto orixinal no APOD.