O derradeiro lanzamento do transbordador espacial Endeavour

Créditos: NASA

Explicación: hai dous días, explosións potentes pero controladas dispararon ao Transbordador Espacial Endeavor na súa viaxe final a unha órbita terrestre. A imaxe superior realizouse uns segundos tralo despeque mentres o enorme orbitador e seis astronautas comezaron a elevarse ata unha altura na que a atmosfera é tan fina que é irrespirable. Agárdase que o transbordador, na misión STS-134, se acople coa Estación Espacial Internacional (ISS) hoxe. O Endeavour entregará na ISS, entre outras cousas, un ambicioso detector denominado Alpha Magnetic Spectrometer 2 (AMS ou Espetrómetro Magnético Alfa, N. T.), un detector que durante os próximos anos podería detectar unha cantidade significativa de clases específicas materia escuraantimateria cargada e, incluso, unha variante estranamente posible da materia común denominada strangelets. A última viaxe definitiva de todos os transbordadores espaciais está planeada actualmente para mediados de xullo cando o Atlantis tamén visitirá a estación espacial.

Texto orixinal no APOD.