Unha noite estrelada islandesa

Créditos: Stephane Vetter (Nuits sacrees)

Explicación: algunha noites o ceo é o mellor espectáculo da cidade. Esta noite, o ceo non só era o mellor espectáculo, senón que unha imaxe composta do ceo gañou unha competición internacional de astrofotografía de paisaxes. A imaxe gañadora que se amosa arriba foi realizada hai dous meses sobre Jökulsárlón, o lago glaciar máis grande de Islandia. O fotógrafo combinou seis exposicións para captar non só dous aneis aurorais verdes, tamén os seus reflexos no calmo lago de diante. Ao lonxe en segundo plano está visible a banda da nosa Galaxia Vía Láctea, o cúmulo aberto de estrelas das Pléiades e a galaxia de Andrómeda. Unha potente exección de masa coroal do Sol provocou que as auroras se visen tan lonxe ao sur como en Wisconsin (EUA). Mentres o Sol avanza cara o máximo solar nos anos vindeiros, agárdanse moitas máis imaxes espectaculares de auroras.

Texto orixinal no APOD.