A galaxia “Sombrero” dende o Hubble


Créditos: NASAESA, e o equipo do Hubble Heritage (STScIAURA)

Explicación: Que é o que está a suceder no centro desta galaxia espiral? Coñecida en todas as linguas coa expresión en español Sombrero, dado o seu parecido cun sombreiro, a M104 presenta unha notable pista de po e unha brillante aureola de estrelas e cúmulos globulares. As razóns desa semellanza cun Sombreiro son a protuberancia  central de estrelas, inusualmente grande e extensa,  e a notable pista de  po escuro en forma de disco que miramos case de lado. Miles de millóns de estrelas vellas causan a luz difusa do vulto central. Una observación detallada do vulto central da fotografía superior revela numerosos puntos de luz que en realidade son cúmulos estelares. Os espectaculares aneis da  M104 gardan multitude de xoves estrelas e mostran complicados detalles  que os astrónomos ainda non comprenden ben. O centro do Sombrero brilla en todo o espectro electromagnético e alberga un gran burato negro. Cun pequeno telescopio, apuntando á  constelación de Virgo, pódense ver os cincuenta millóns de anos-luz de idade da Galaxia do Sombrero.

Texto orixinal no APOD.