O Carro Pequeno

See Explanation. Moving the cursor over the image will bring up an annotated version. Clicking on the image will bring up the highest resolution version available.

Créditos da imaxe e Copyright: Rogelio Bernal Andreo

Explicación: De segunda magnitude, a Estrela Polar está lonxe de ser a máis brillante do ceo nocturno. Pero é a mais brillante estrela á esquerda desta lograda composición, un mosaico que abarca 23 graos do asterismo situado no norte celeste chamado Carro Pequeno. A Estrela Polar é coñecida por marcar o Polo Norte celeste, amiga tanto dos navegantes como dos astrofotógrafos, pero non está localizada exactamente no Polo Norte Celeste (PNC). Actualmente está desprazada do PNC 0,7 graos. Apuntando o cursor sobre a imaxe poderá localizar a Estrela Polar e o PNC, así como outras estrelas do Carro Pequeno. As estrelas móstranse cos seus nomes propios precedidos pola súa designación coa letra do alfabeto grego da antiga constelación Ursa Minor, a Osa Menor. As nubes de po suspendidas sobre o plano da nosa Vía Láctea tamén son visibles en todo o amplo campo de visión.

Texto orixinal no APOD.