O cantil meridional da Lagoa

Cantil meridional da nebulosa Lagoa

Créditos: Julia I. Arias y Rodolfo H. Barbá (Dept. Fisica, Univ. de La Serena), ICATE-CONICET, Gemini Observatory

Explicación: Cordilleiras ondulantes e brillantes e nubes poeirentas cruzan este primeiro plano da cercana rexión de formación estelar M8, tamén coñecida como a Nebulosa da Lagoa. A imaxe completa, unha composición definida en falsa cor con datos de banda estreita no visible e banda ancha no infravermello cercano do Telescopio Gemini Sur de 8 metros, abarca uns 20 anos luz ao través dunha zona da nebulosa que ás veces se chama o Cantil Meridional. A fotografía, con gran detalle, explora a asociación de moitas estrelas recén nadas inseridos nas puntas das nubes con reberetes brillantes e obxectos Herbig-Haro. Os obxectos Herbig-Haro, abondosos en rexións de formación estelar, prodúcense cando poderosos chorros emitidos por estrelas mozas no proceso de formación quecen as nubes de gas e po do contorno. A Lagoa cósmica atópase a uns 5.000 anos luz de distancia cara a constelación de Saxitario e o centro da nosa Galaxia da Vía Láctea.

Texto orixinal no APOD.