A sombra dun robot marciano

http://apod.nasa.gov/apod/image/1105/marsshadow_opportunity_1024.jpg

Créditos: Mars Exploration Rover MissionJPLNASA

Explicación: e se ollases a túa sombra sobre Marte e non foses humano? Entón poderías ser o todoterreo Opportunity que actualmente está explorando Marte. A Opportunity e a súa irmá robótica Spirit levan explorando o planeta vermello desde principios de 2004, atopando evidencias de auga antiga e enviando fotografías impresionantes ao través do Sistema Solar interior. Fotografada arriba, a Opportunity observa en dirección contraria ao Sol desde o interior do cráter Endurance e mira a súa propia sombra. Vense dúas rodas na parte inferior, á derereita e á esquerda, mentres o chan e as paredes do estraño cráter son visibles nun segundo plano. Aínda que a sonda todoterreo Spirit está agora atascada, a Opportunity continúa na súa longa andaina deica o vasto cráter Endeavor.

Texto orixinal no APOD.