Máis alá

Créditos: NASA, JPL-Caltech

Explicación: Cal é a nave espacial da humanidade máis distante? Lanzada en 1977, a Voyager 1 agora mantén esa distinción a 17,5 mil millóns de quilómetros do Sol. Iso corresponde a 16 anos luz ou 117 Unidades Astronómicas (UA). Este gráfico amosa a posición da Voyager 1 en relación ao sistema solar exterior (visión superior e lateral) xunto con outras naves espaciais distantes contendentes. A seguinte máis lonxana, a Pioneer 10 está a uns 15,4 mil millóns kilómetros do Sol, aínda que na beira oposta do sistema solar cá Voyager 1. A Voyager 2 e a Pioneer 11, ámbalas dúas tamén máis alá da órbita de Plutón, están a 14,2 e 12,4 mil millóns de quilómetros do Sol respectivamente. Todavía de ida cara Plutón, a nave espacial New Horizons (N.T.: Novos Horizontes) está neste momento a 3 mil millóns de quilómetros do Sol e toparase co sistema de Plutón en xullo de 2015. Todas estas naves espaciais empregaron manobras de asistencia gravitacional ao estilo dun tiracroios para incrementar as súas velocidades ao través do sistema solar exterior. Aínda que a Voyager 1 é a máis rápida, fuxindo do sistema solar a uns 17 quilómetros por segundo. Aínda operativas, ambas Voyager están dirixidas cara o límite máis externo do sistema solar, na procura da heliopausa e o comezo do espazo interestelar.

Texto orixinal no APOD.