Ronseis celestes sobre Grecia

 

Sky in motion from Chris Kotsiopoulos on Vimeo.

Créditos e Copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky); Música: Undisclosed Desires (Muse), WMG

Explicación: se ollas ao horizonte xusto no lugar axeitado e no momento correcto, podes ser testemuño dalgunhas xuxtaposicións espectaculares entre Terra e ceo. No vídeo superior as estrelas, a Lúa e incluso un Sol parcialmente eclipsado foron gravados saíndo e poñéndose sobre paisaxes fotoxénicas de Grecia. O inspirador vídeo salienta as trazas das estrelas que  son bonitas pero algo enganosas, xa que as estrelas habitualmente manteñen case o mesmo brillo mentres a Terra xira baixo elas. Ademais, a natureza time lapse de parte do vídeo provoca que as nubes parezan dar saltos e esvaerse dun xeito pouco familiar. Varios fotogramas destas escenas apareceron previamente no APOD, incluíndo a eclipse solar parcial sobre o Templo de Poseidónnubes e rastros estelares sobre unha igrexa deserta e ronseis estelares sobre un vello barco. Outras localizacións para o segundo plano inclúen unha vella igrexa no Peloponeso, unha ponte de pedra en Ioannina, un castelo Frankish en Eubea e un pintoresco solpor sobre monte LycabettusAtenas.

Texto orixinal no APOD.