Cúmulo globular M15 desde o Hubble

M15

Créditos: ESAHubbleNASA

Explicación: as estrelas, como as abellas,  inzan os arredores do centro do brillante cúmulo globular M15. Esta esfera dunhas  100.000 estrelas é unha reliquia dos primeiros anos da nosa Galaxia, e continúa a orbitar o centro da Vía LácteaM15, uno dos aproximadamente 150 cúmulos globulares que quedan, é célebre por ser visible facilmente só cuns binoculares, tendo no seu centro unha das densest concentracións máis densas de estrelas coñecida, e por conter una abundancia alta e pouco habitual de estrelas variablespúlsares. A imaxe superior, realizada polo Telescopio Espacial Hubble que orbita á Terra, esténdese uns 120 anos luz e amosa o incremento gradual de estrelas cara co centro do cúmulo. M15 atópase a uns 35.000 anos luz de distancia, na dirección da constelación do Cabalo Alado (Pegaso). Probas recentes sinalan que un burato negro masivo podería residir no centro de M15.

 

Texto orixinal no APOD.