A Gran Mancha Vermella de Xúpiter desde a Voyager 1

Gran mancha vermella de Xúpiter

Créditos: NASAJPLProcesado dixital: Björn Jónsson (IAAA)

Explicación: é un furacán co dobre de tamaño da Terra. Leva cheo de carraxe polo menos desde que os telescopios podían velo, e non amosa signos de acougo. É a Gran Mancha Vermella de Xúpiter, a meirande tormenta xiratoria do Sistema Solar. Como a maior parte dos fenómenos astronómicos, a Gran Mancha Vermella no se predicía nin se comprendeu inmediatamente tralo seu descubrimento. Aínda hoxe, detalles de como e por que a Gran Mancha Vermella cambia a súa forma, tamaño e cor seguen a ser un misterio. Un mellor coñecemento da meteoroloxía de Xúpiter pode axudar a contribuír a coñecer mellor o tempo aquí na Terra. A imaxe superior é unha mellora dixital completada recentemente dunha fotografía de Xúpiter tomada en 1979 pola nave espacial Voyager 1 mentres pasaba a fume de carozo polo planeta máis grande do Sistema Solar. A unhas 117 UA da Terra, a Voyager 1 é na actualidade o obxeto creado polo home máis distante no universo e agárdase que abandone por completo a heliofunda solar en calquera intre.

Texto orixinal no APOD.