Nube molecular Barnard 163

Créditos e Copyright: T. Rector (U. Alaska Anchorage), H. Schweiker, WIYNNOAOAURANSF

Explicación: a alguén pode parecerlle un pato, pero pon estrelas en vez de ovos. No centro da imaxe superior atópase Barnard 163, unha nebulosa de gas molecularpo tan groso que a luz visible non é quen de brillar ao seu través. Cunha envergadura medida en anos luz, o interior de Barnard 163 é seguramente máis frío có seu exterior, permitindo as condicións nas que o gas poida agruparse e, finalmente, formar estrelas. Barnard 163 localízase a uns 3.000 anos luz da Terra cara a constelación do Rei Cefeo. O brillo vermello do fondo provén de IC 1396, unha gran nebulosa de emisión que acolle a Nebulosa Trompa de Elefante. Atopar a Barnard 163 nunha fotografía de la más grande nebulosa IC 1396 pode ser un desafío, pero é posible.

Texto orixinal no APOD.

Unha reflexión sobre “Nube molecular Barnard 163

  1. Ás veces os mozos do APOD fan a súas pequenas bromas, como a de hoxe da ligazón “envergadura”. Está claro que estaban pola labor de seguir coa comparación do pato ou parrulo.

    A última ligazón tamén é curiosa, leva a unha foto recente do APOD que coincide coa primeira traducida por nós. Xa estamos auto-refenciados!!

    Por certo, para ver o pato sen que requira moito esforzo de imaxinación… pensade na posición das ás cara arriba e medio encollidas, co pescozo estirado, que amosan estas aves cando están a piques de amerizar.

    Saúdos.

Os comentarios están pechados.