Créditos da imaxe de raios-X: NASA / CXC / F.J. Lu (Chinese Academy of Sciences) et al.
Poema: Alice Rian Simon (desculpas a William Blake)
Explicación:
Tycho! Tycho! ardendo brillante
Na escuridade da noite,
Que explosionando estrela enana branca
Creas o marco do teu remanente dende lonxe,
En escuros e fondos ceos lonxanos
Baixo a mirada en fite de ollos humanos?
Visto por mortales e súas nais
Nomeada por alguén chamado Tycho Brahe.
A vida e obra de Tycho Brahe é digna de ser lida. Contemporáneo de Copérnico e, en certa medida, responsable coma el de contribuír a desbotar a teoría dun sistema solar xeocéntrico (herdado de Ptolomeo, vixente nos anteriores 1500 anos) e lograr que se impuxera un máis parecido á realidade, co Sol no centro. O seu discípulo, Johannes Kepler, foi o responsable de pechar esta etapa pre-científica (xusto anterior ás publicacións de Isaac Newton) coa formulación das súas tres leis que, lembremos, son empíricas. É dicir, extraídas directamente da observación da realidade, non dunha achádego teórico.
Tycho Brahe construíu un execelente observatorio astronómico Urania, onde puido recompilar as mellores táboas de datos da época. Noite tras noite recompilou as posicións dos planetas, da Lúa e doutros obxectos. Axudado ou en colaboración da súa irmá maior (difícil coñecer o seu papel exacto dado a sumisión que daquela sufrían as mulleres ao respecto dos homes) Sofía Brahe, xuntou táboas e táboas de datos. De vez en cando, dáballe parte destes datos ao seu axudante Kepler, un pouco temeroso porque o asudante superara ao mestre (probablemente xa podía recoñecer que intelectualmente Kepler o superaba on creces). De feito, á súa morte fíxolle prometer a Kepler que usaría todos os datos para xustificar a súa teoría fronte á de Copérnico. O problema de Brahe foi que non puido recoñecer nos seus datos a realidade das traxectorias elípticas dos planetas ao redor do Sol, que si atopou Kepler.
A morte de Brahe tamén ten a súa miga, seica por unha infección urinaria. Ao parecer, nunha cea non puido erguerse ata o final para ir ao baño (estaba moi mal visto erguerse antes de tempo e Brahe procedía da nobleza). Xunto coa súa afección á bebida, parece ser que lle rebentou a vexiga e morreu tras 11 días enfermo. E a súa biografía ten moitas máis «batallas»: a perda do seu nariz (usaba unha tapa metálica), a construción do observatorio, as súas relacións coa corte real, coa astroloxía, a súa afección pola alquimia (hai uns anos investigando os seus restos enterrados descubríronse moitos restos de mercurio, o que aumenta a polémica pola súa posible morte por envelenamento, propio ou provocado)…
En fin, que non deixedes de ler algunha biografía súa (un bo resumo na wiki: http://gl.wikipedia.org/wiki/Tycho_Brahe e, moito máis amplo, na versión inglesa).
Saúdos.
Gústache ou non?:
1
0
Por fin APOD en galego! Grazas a todos!
Gústache ou non?:
0
0
Hola. Todo lo relativo a esta remanente de superonva es muy interesante pues ha ocurrido recientemente, más o menos. La adaptación del poema de Blake es ingeniosa…Saludos para todos. P.D.- Curiosa la biografía de Tycho Brahe y su relación amor-odio con Kepler. Desde luego que su vida, la de Brahe, no fue en vano, más bien todo lo contrario.
Gústache ou non?:
0
0
Hola otra vez. He sustraido, espero que el compañero Saín me perdone, esta imagen en evolución de la formación de la remanente de supernova de Tycho, me ha gustado mucho… Ahí la teneis. http://youtu.be/sTyMffjKTTo
Gústache ou non?:
1
0
Pois moi ben traído o vídeo. Amosa nunha animación o nacemento da supernova.
Ata o momento, é o único fenómeno que podemos ver como cambia no Universo en tempo real. É dicir, que unha estrela estoupando é un proceso tan rápido que podemos facerlle seguemento. O resto dos cambios: nacemento de estrelas, formación de galaxias, choques galácticos… todos eles son moi, moi lentos mirados desde a escala da vida humana.
Gústache ou non?:
0
0