Créditos da imaxe & Copyright: captura e redución de datos - Andrey Oreshko (Elena Remote Observatory),
Procesado – Dietmar Hager (stargazer-observatory)
Explicación: a uns 60 millóns de anos luz de distancia na meridional constelación de Corvus, colisionan dúas galaxias. Pero as estrelas das dúas galaxias, catalogadas como NGC 4038 e NGC 4039, non colisionan no curso do lento e laborioso evento, que dura centenares de millóns de anos. Polo contrario, as súas grandes nubes de gas molecular e po si que o fan, desencadeando episodios furiosos de formación estelar preto do centro do naufraxio cósmico. Abarcando uns 500 miles de anos luz, esta abraiante imaxe tamén desvela novos cúmulos estelares e materia guindada lonxe da escena do accidente polas forzas gravitacionais de marea. Naturalmente, a suxerente apariencia visual das estensas estruturas con forma de arco dálle ao par galáctico o seu popular nome; As Antenas.
Texto orixinal do APOD.

Enhorabuena a los creadores de la APOD en galego. Estupenda iniciativa!!
Gústache ou non?:
0
0
Muchas gracias Manu
Gústache ou non?:
0
0
Hola. ¡¡Muchas felicidades!!. Ya me vereis por aquí a menudo. Os deseo todo el éxito del mundo y más. Besos.
Gústache ou non?:
0
0
Da gusto ver por aquí a amigos. Mañana, una poesía
Gústache ou non?:
0
0
Con semejante mulo tirando del carro, el éxito está garantizado. Larga vida al APOD galego.
Gústache ou non?:
1
0
Y tú que lo veas!
Un día en el aire y ya tenemos respondedor oficial de preguntas de astrofísica y azote de trolles y magufos XD XD
Gústache ou non?:
0
0