As Antenas

As Antenas

Créditos da imaxe & Copyright: captura e redución de datos – Andrey Oreshko (Elena Remote Observatory),
Procesado – Dietmar Hager (stargazer-observatory)

Explicación: a uns 60 millóns de anos luz de distancia na meridional constelación de Corvuscolisionan dúas galaxias. Pero as estrelas das dúas galaxias, catalogadas como NGC 4038 e NGC 4039, non colisionan no curso do lento e laborioso evento, que dura centenares de millóns de anos. Polo contrario, as súas grandes nubes de gas molecular e po si que o fan, desencadeando episodios furiosos de formación estelar preto do centro do naufraxio cósmico. Abarcando uns 500 miles de anos luz, esta abraiante imaxe tamén desvela novos cúmulos estelares e materia guindada lonxe da escena do accidente polas forzas gravitacionais de mareaNaturalmente, a suxerente apariencia visual das estensas estruturas con forma de arco dálle ao par galáctico o seu popular nome; As Antenas.
Texto orixinal do APOD.