Créditos da imaxe & Copyright: Juergen Michelberger
Explicación. O 4 de xuño de 2010 Régulo, a estrela alfa da constelación Leo, e o planeta errante Marte tiñan aproximadamente o mesmo brillo aparente, separados no ceo por 1,5 graos. Unha exposición enxeñosa e creativa de 10 segundos dunha cámara con moita marcha gravou estes rastros xiratorios da parella celeste. Podes dicir que ronsel pertence á estrela e cal ao planeta? Pista: a turbulencia atmosférica provoca que a imaxe da estrela escintile ou varíe de billo e cor máis axiña có planeta. O escintileo é máis pronunciado debido a que a estrela é de feito unha fonte puntual de iluminación vista como una feixe estreito de raios de luz. A refracción que cambia rapidamente debido á turbulencia ao longo da liña de visión afecta ás diferentes cores de luz de modo diferente e xeralmente produce un efecto dun pestanexo nas estrelas. Pero Marte está moito máis preto que as estrelas ao lonxe e trátase dunha fonte extensa de luz. Aínda que minúsculo, o seu disco óllase como un feixe de raios luminosos que é sustancialmente máis ensanchado comparado có da estrela e por iso, de media, menos afectado pola turbulencia a menor escala. O resultado é o variado arco da vella a modo de ronsel de Régulo (esquerda) e o rastro máis regular e coherentemente avermellada de Marte.
Texto orixinal no APOD.
