Hidróxeno na Gran Nube de Magallanes

Créditos & Copyright: Marco Lorenzi (Star Echoes)
La Gran Nube de Magallanes (N. T.: abreviada LMC en inglés), una galaxia satélite da nosa Vía Láctea, é unha visión atraínte nos escuros ceos meridionais na constelación Dorado. A tan só 180.000 anos luz de distancia, vemos á LMC cun abraiante detalle neste fondo mosaico de 4 fotogramas tomados con telescopio, unha imaxe que desvela que a satélite da Vía Láctea ten un aspecto de galaxia espiral barrada. O mosaico inclúe datos de imaxes adquiridos ao través de filtros estreitos que transmiten só a luz vermella dos átomos de hidróxeno. Un átomo de hidróxeno, ionizado pola potente luz estelar, emite a característica luz H-alfa vermella mentres o seu único electrón é recapturado e muda a estados de enerxía más baixos. Como resultado, este mosaico semella cuberto de nubes rosadas de gas hidróxeno que rodean estrelas novas e masivas. Esculpido polos fortes ventos estelares y a radiación ultravioleta, as brillantes nubes de hidróxeno son coñecidas como rexións H II (hidróxeno ionizado). A Nebulosa Tarántula, composta por moitas nubes solapadas, é a destacada rexión de formación estelar da parte superior esquerda do centro. A LMC ten uns 15.000 anos luz de diámetro.

Texto orixinal no APOD.