Créditos & Copyright: Geert Barentsen & Jorick Vink (Armagh Observatory) & the IPHAS Collaboration
Explicación. Hai un monstro en IC 1396? Coñecido para algúns como a Nebulosa Trompa de Elefante, pode parecer que partes do gas brillante e as nubes de po desta rexión de formación estelar adquiran formas de mal agoiro, algunhas case humanas. Toda a nebulosa podería incluso parecer a faciana dun monstro. Porén, o único monstro real aquí é unha estrela nova e brillante demasiado lonxana da Terra para ser perigosa. A potente luz procedente desta estrela está desgastando o po do escuro glóbulo cometario na parte superior dereita da imaxe. Os chorros e ventos de partículas emitidos desde esta estrela tamén están empurrando o gas ambiente e mailo po. A uns 3.000 anos luz de distancia, o complexo IC 1396 é relativamente tenue e cobre unha zona do ceo cunha anchura aparente de máis de 10 lúas cheas. Recentemente, descubríronse unhas 100 estrelas mozas formándose na nebulosa.

Primeira páxina publicada da versión en galego da «Astronomical Picture Of the Day» da NASA, en activo desde o ano 1995.
Gústache ou non?:
0
0