Monstros de IC 1396

Créditos & Copyright: Geert Barentsen & Jorick Vink (Armagh Observatory) & the IPHAS Collaboration
Explicación. Hai un monstro en IC 1396? Coñecido para algúns como a Nebulosa Trompa de Elefante, pode parecer que partes do gas brillante e as nubes de po desta rexión de formación estelar adquiran formas de mal agoiro, algunhas case humanas. Toda a nebulosa podería incluso parecer a faciana dun monstro. Porén, o único monstro real aquí é unha estrela nova e brillante demasiado lonxana da Terra para ser perigosa. A potente luz procedente desta estrela está desgastando o po do escuro glóbulo cometario na parte superior dereita da imaxe. Os chorrosventos de partículas emitidos desde esta estrela tamén están empurrando o gas ambiente e mailo po. A uns 3.000 anos luz de distancia, o complexo IC 1396 é relativamente tenue e cobre unha zona do ceo cunha anchura aparente de máis de 10 lúas cheas. Recentemente, descubríronse unhas 100 estrelas mozas formándose na nebulosa.

Texto orixinal no APOD.