Gamma Cas e amigos


Créditos e copyrightprocesado – Noel Carboni, fotografado – Greg Parker, New Forest Observatory
Explicación: Gamma Cassiopeiae brilla alto nos ceos nocturnos do outono setentrional. A estrela con picos máis brillante deste rico e colorido campo estelar da Vía Láctea, a azulada Gamma Cas marca o pico central da constelación con forma de W Casiopea. Unha estrela en rápida rotación, variable e quente, a uns 600 anos luz de distancia, Gamma Cas tamén ioniza o material interestelar dos arredores, incluíndo as tenues nebulosas de reflexión IC 63 (esquerda) e IC 59. As dúas nebulosas apenas visibles están fisicamente preto de Gamma Cas, afastadas da estrela por so uns poucos anos luz. Esta visión da zona, de amplo campo e ben formada, abarca case 2 graos do ceo.

Texto orixinal no APOD.