Campo amplo de M78


Créditos e copyrightThomas V. Davis (tvdavisastropix.com)
Explicación: as nubes de po interestelar e as nebulosas brillantes abundan na fértil constelación de Orión.Unha das máis brillantes, M78, está centrada nesta colorida vista de amplo campo, que cobre unha área norte do cinto de Orión. A unha distancia duns 1.500 anos luz, a azulada nebulosa de reflexión ten uns 5 anos luz de diámetro. A súa tinguidura débese ao po que reflicte preferentemente a luz azul de estrelas novas e quentes. A nebulosa de reflexión NGC 2071 está xusto á esquerda de M78. Á dereita de M78 e moito máis compacta en aparencia, a fascinante Nebulosa de McNeil é unha nebulosa variable recoñecida recentemente asociada coa formación dunha estrela de tipo solar. Esta exposición destacadamente profunda tamén publica o tenue pero dominante brillo vermello na zona do gas hidróxeno atómico.

Texto orixinal no APOD.