Raias de tigre frescas na lúa de Saturno Encélado


Créditos: Cassini Imaging TeamSSIJPLESANASA

Explicación: Descargan os océanos do subsolo polas raias de tigre da lúa de Saturno Encélado? Sábese que os longos accidentes (alcumados liñas de tigre) están expulsando xeo desde o interior da lúa xelada ao espazo, creando unha nube de partículas de xeo fino sobre o Polo Sur da lúa e formando o misterioso anel E de Saturno. As probas disto proveñen da nave espacial robótica Cassini, que orbita agora a SaturnoA fotografía superior, unha imaxe de alta resolución de Encélado, amosa unha pasada rasante próxima. Os estraños rasgos superficiais denominados raias de tigre advírtense en azul, en falsa cor. Por que Encélado está activo continúa sendo un misterio, mentres a lúa veciña de Mimas, co mesmo tamaño aproximado, semella bastante morto. Unha análise do po capturado máis recentemente pola Cassini atopou evidencias de sodio, tal e como se esperaría nun océano fondo e salgado.  Polo contrario, observacións recentes desde a Terra do xeo expulsado por Encélado ao anel E de Saturno non amosan probas do agardado sodio. Tal procura é especialmente interesante xa que semellante océano sería un candidato a conter vida.