A hamburguesa de Gómez: unha nebulosa proto-planetaria

 
Créditos: Arturo Gomez (CTIONOAO), Hubble Heritage TeamNASA
Explicación: que é iso, no ceo? Ás veces os astrónomos ven cousas no ceo que non comprenden de primeiras. Isto pasoulle en 1985 a Arturo Gómez, e o obxecto pasou a ser coñecido como a Hamburguesa de Gómez pola súa inconfundible aínda que forma familiar. Tras algunhas investigacións, o obxecto identificouse como unha nebulosa proto-planetaria, unha nube de gas emitida por unha estrela de tipo solar xusto despois de que o combustible de hidróxeno do seu centro se fusionara todo en helio. A Hamburguesa de Gómez está no seu camiño para chegar a ser unha nebulosa planetaria en toda regra nuns poucos miles de anos. A luz que vemos (o bolo de pan) é reflectida polo po da estrela central, aínda que a propia estrela é escurecida por un groso disco de po que o atravesa pola metade (a hamburguesa). A Hamburguesa de Gómezfotografada arriba nunha recente imaxe do Telescopio Espacial Hubble, é só unha fracción dun ano luz de diámetro pero ubicado aproximadamente a 10.000 anos luz cara a constelación de Saxitario.

Texto orixinal no APOD.