Estrelas de NGC 206

 
Créditos: B.J. Mochejska (Universidade de Varsovia), The DIRECT ProjectFLWOMDM
Explicación: aniñado nos brazos poeirentos da gran galaxia espiral de Andrómeda (M31), o cúmulo estelar NGC 206 é unha das rexións de formación estelar máis grande coñecida do noso propio grupo local de galaxias. As fermosas e brillantes estrelas azuis de NGC 206 desvelan a súa mocidade; pero preto, os estudos sistemáticos de estrelas variables do interior e arredores de NGC 206 revelarán tamén de xeito preciso a súa distancia. Os astrónomos están a procura de estrelas variables en NGC 206, especialmente as estrelas escintilantes denominadas Cefeidas e sistemas de estrelas binarias eclipsantes. As distancias a estes tipos de estrelas poden determinarse de xeito efectivo seguindo os cambios periódicos no seu brillo e espectro. A uns tres millóns de anos luz de distancia, coñecer con precisión a distancia de NGC 206 e por tanto de M31 é crítico para unha maior comprensión da formación galáctica, a evolución galáctica e, en última instancia, a escala de distancias do Universo.

Texto orixinal no APOD.