Un espectro no veo oriental

Un espectro do veo oriental

Image Credit & Copyright: Ken Crawford (Rancho Del Sol Observatory)

Explicación: formas arrepiantes e facianas sinistras son a marca da tempada do Halloween. Tamén se manifestan neste primeiro plano cósmico da parte oriental da Nebulosa do Veo. A propia  Nebulosa do Veo é un remanente xigante de supernova, a nube de refugallos en expansión procedentes da explosión mortal dunha estrela masiva. Mentres o Veo é aproximadamente de forma circular e cobre case 3 graos do ceo na constelación do Cisne, esta porción do Veo oriental abarca só medio grao, máis ou menos o tamaño aparente da Lúa. Iso supón 12 anos luz á reconfortante distancia estimada de 1.400 anos luz desde o planeta Terra. Na composición de datos de imaxes gravados ao través de filtros de banda estreita, a emisión dos átomos de hidróxeno do remanente represéntase en vermello e a forte emisión dos átomos de osíxeno en tons azul-verdosos. Na parte occidental do Veo atópase outra aparición da tempada, a Vasoira da Meiga.